A Deputación destina 125.000 euros para impulsar Exponav

M. G. V. / A. U. FERROL

FERROL CIDADE

ANGEL MANSO

Valentín González Formoso e Antonio Doio Menor asinaron o convenio de colaboración

27 jul 2017 . Actualizado ás 13:59 h.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o Almirante Xefe do Arsenal Militar, Antonio Doio Menor, asinaron este mércores un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial financiará os gastos derivados do funcionamento do Museo da Construción Naval Exponav.

Este convenio supón unha axuda de 125.000 euros para o financiamento de diversas actividades, como exposicións e eventos que terán lugar ata xullo de 2018. Ademais, a Deputación colabora tamén coas bolsas e axudas ao estudo, o servizo de atención aos visitantes do Museo da Construción Naval, o mantemento das instalacións e a ampliación e a remodelación do material expositivo, ademais doutros gastos que se deriven do funcionamento da Fundación. En total, suporá un 80 % dos gastos anuais.

Así, o presidente provincial ratificou que a Deputación «ponse a disposición da Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval», o cal definiu como «un gran instrumento de potenciación económica e turística».

Por outra banda, a Fundación Exponav e a Deputación da Coruña colaboran tamén noutras iniciativas como a exposición itinerante Xigantes, que repasa algún dos grandes fitos na construción naval realizados en Astano.