Inauguración do Hospital Xeral de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

Construíuse co fin de substituír ao Santo Hospital da Caridade

16 jul 2017 . Actualizado ás 19:11 h.

Hai 43 anos Ferrol estreaba hospital. O Hospital Xeral, actualmente Hospital Xeral Juan Cardona, chamado así en honra ao principal impulsor do proxecto, construíuse co fin de substituír ao Santo Hospital da Caridade que levaba máis de cinco séculos dando servizo ao pobo ferrolán.

O acto de inauguración foi presidido polo Capitán Xeral da Zona Marítima e outras personalidades da época. As instalacións foron bendicidas polo Bispo da diocese, o doutor Araújo Iglesias .