O encarcerado por intentar voar un edificio será visto polo forense

C.L. FERROL

FERROL CIDADE

O Xulgado transformou o procedemento en sumario porque a pena prevista supera os nove anos de prisión

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O veciño de Ferrol que está en prisión provisional polo suposto intento de facer voar un edificio de dez vivendas negou onte no xulgado que fose el o que cortou a tubaxe do gas e deixou acendidas unha vela e unha estufa no seu piso. O home dixo estar moi contento na prisión de Teixeiro.

O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, que é o que leva o caso, acordou a transformación en sumario do procedemento, dado que o delito de tentativa de incendio está penado con máis de nove anos de cárcere Onte decidiuse sometelo a un exame psiquiátrico.