O Parrulo terá que ir a un desempate

JOSE VALENCIA FERROL

FERROL CIDADE

Cedida

Caeu na prórroga en casa do Antequera en segundo partido do play off de ascenso a Primeira

28 abr 2017 . Actualizado ás 23:28 h.

O Parrulo Ferrol perdeu en casa do Antequera por 2-1 na prórroga do segundo partido da eliminatoria do play off de ascenso á máxima categoría. Dado que os ferroláns gañaron na Malata, a eliminatoria está empatada a un triunfo polo que o domingo, ás doce e media, de novo en terras malagueñas, haberá un terceiro partido de desempate para decidir a eliminatoria.

Partido épico en terras malagueñas, cunha primeira parte case perfecta por parte do equipo ferrolán. Illi salvou aos ferroláns con grandes intervencións, aínda que Isma tamén estrelou un balón no traveseiro tras un remate de cabeza. Na recta final da primeira parte, cun magnífico disparo coa zurda, Rubi adiantou aos ferroláns no marcador.

Na segunda metade O Parrulo notou o cansazo e cometeu erros. Nun deles, tras unha perda nun dous contra dous, chegou unha contra na que Tete logrou o empate a un gol para os andaluces.

O tempo regulamentario finalizou con empate a un gol, polo que se foi a unha prórroga con dous tempos de tres minutos. Xusto antes de finalizar a primeira parte da prórroga foi expulsado Diego Núñez e no lanzamento da falta Juanillo logrou o 2-1 para os locais.

Na segunda parte da prórroga O Parrulo buscou o empate. Miguel tivo unha gran ocasión, aínda que o porteiro Coello salvou ao seu equipo. O partido finalizo co triunfo local por 2-1.

O domingo, ás 12.30 en Antequera, terá partido de desempate. Os ferroláns xa deixaron patente que teñen potencial para gañar alí.

Ficha Técnica 

Antequera, 2: Coello, Miguel, Tete, Coco e Miguel Fernández, cinco inicial, Claudio, Óscar, Juanillo, Crispi, Juanra, Voitre e Nacho.

O Parrulo, 1, Illi, Isma, Íñigo, Álex Durán e Rubi, cinco inicial, Miguel, Chicha, Santi e Diego Nuñez

Goles: 0-1, min 17: Rubi; 1-1, min 23: Tete; 2-1, min 42: Juanillo de falta directa

Árbitros: Miñano Martínez e Roupeiro Lara. Expulsaron a Miguel Fernández por parte do equipo local e a Diego Núñez polo Parrulo. Amarelas a Tete, Óscar e Voitre polo Antequera, así como a Illi e Diego Núñez no Parrulo