Máis de 700 participantes competirán na San Silvestre de Fene

FERROL LA VOZ

FENE

A competición desenvolverase na tarde do venres na zona centro da vila

28 dic 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Fene despedirá o ano cunha San Silvestre. Para correr nesta proba hanse inscrito xa máis de 700 persoas. A carreira para menores partirá o venres, ás cinco e media da tarde, e discorrerá por todo o centro urbano da localidade. Quince minutos máis tarde iniciarase a proba de categoría absoluta. Un total de 800 metros será o percorrido para os pequenos e de 3,8 quilómetros para os adultos.