Cedeira se «descalza» pola música en directo

La Voz FERROL

CEDEIRA

ANGEL MANSO

Habilitarase unha zona de acampada gratuíta

03 ago 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá e o • sábado Paseo marítimo de Cedeira • Entrada libre • DakiDarría, os creadores do tema Terra que xa é considerado por moitos un himno, encabezan o cartel da terceira edición do «Discalzos polo festival» xunto a Señor Non. O mellor ska, reggae, rock e punk reunirase na Praza da Revolta, en Cedeira, durante esta fin de semana. Mañá, venres tocarán Señor Non, The Artificieiros, Rockers Go To Hell, C.PierNO e Klute. Ao día seguinte, sábado, sairán ao escenario DakiDarría, Harmónica Creams, Hell Buckers, Os Benignos e Böj, entre outros. Para a comodidade dos usuarios habilitarase unha zona de acampada gratuíta a quince minutos andando da zona do festival. Tamén haberá durante o día actividades para nenos. Este concerto organízao a Asociación Cultural Discalzos, en colaboración con Reale Seguros, o Concello de Cedeira, a Deputación e Estrella Galicia.