Charla de Breixo sobre a sociedade Fillos de Cedeira na Habana

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CÉSAR TOIMIL

Os veciños de Piñeiro organizan a conferencia, coincidindo co 90 aniversario de cásaa escola

21 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Xosé Carlos Breixo, profesor e cronista oficial de Ortigueira, disertará sobre a sociedade Fillos do Concello de Cedeira na Habana, coincidindo co 90 aniversario de cásaa escola de Piñeiro, cuxa construción sufragaron os emigrantes a través desta entidade. A asociación de veciños desta parroquia organiza a charla, que se desenvolverá mañá, ás 20.00 horas, na biblioteca do auditorio. a voz