O Concello de Cedeira contrata a sete desempregados por tres meses e medio

La Voz

CEDEIRA

15 jun 2017 . Actualizado ás 19:06 h.

O Concello de Cedeira destinará 45.937 euros do Fondo de Compensación Ambiental (outorgado pola Xunta de Galicia en concepto de canon eólico) á contratación dun técnico de medio ambiente (ao 60 % da xornada) e seis peóns, a tempo completo, por un período de tres meses e medio. Realizarán traballos de mantemento, promoción e defensa de zonas verdes e espazos naturais. O resto do diñeiro do fondo, outros 46.000 euros, dedicarase a sufragar gastos de funcionamento. a voz