O pavimento da zona vella rebélase

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

Operarios municipais reparan os fallos, con pedras levantadas e outras afundidas

09 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Operarios municipais traballan na reparación do pavimento do casco antigo de Cedeira. Hai pedras levantadas e outras afundidas. José Luis Vergara (PSOE), alcalde cando se executou a obra, pediu reiteradamente ao anterior goberno que esixise á adxudicataria que emendase os fallos. O PP interesouse polo problema no pleno.