O proxecto inicial adaptouse aos requisitos do Consorcio e o orzamento é de 139.000 euros

La Voz CEDEIRA

CEDEIRA

A reforma implica un incremento do orzamento, dos 74.557 euros iniciais a 139.238.

28 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

En xullo de 2014, a proposta do Concello de Cedeira, gobernado entón polo PP, redactouse un proxecto para ampliar a escola infantil, incorporando a planta baixa do edificio contiguo, utilizada agora polo colectivo Sobre Rodas. En abril de 2015 incorporouse unha adenda, a petición do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que volveu expor novos requisitos a comezos deste ano, como o cambio de localización da cociña ou a construción dun aseo para o público e un despacho xunto ao acceso principal ao centro. Mantén, iso si, a creación dunha nova aula de dúas a tres anos, a adecuación da urbanización exterior, os accesos ou o peche. A reforma implica un incremento do orzamento, dos 74.557 euros iniciais a 139.238.

O alcalde, Pablo Moreda, indica que o borrador do estudo previo foi acordado co Consorcio, «polo que agora nada máis que se está á espera do compromiso económico da Xunta para que a obra sexa unha realidade». Nunha reunión cos pais, o rexedor e a edila do BNG Manuela López explicaron que levan tempo reclamando unha entrevista co conselleiro de Política Social e o xerente do Consorcio para tratar este tema.