Tres días para homenaxear a José Afonso

La Voz FERROL

CEDEIRA

Concerto Cedeira canta con Zeca no Auditorio ás 21.30 horas.

18 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A vila de Cedeira celebrará a partir de mañá e ata o domingo un festival de música galego-portuguesa co que pretende homenaxear a José Afonso. A programación abrirase mañá coa inauguración dunha exposición dedicada ao músico luso no Palacete Municipal (20.00 horas) e o concerto Cedeira canta con Zeca no Auditorio (ás 21.30 horas).