Cedeira e Valdoviño urxen á Xunta a mellorar a estrada por seguridade e impacto económico

a. f. c. CEDEIRA / LA VOZ

CEDEIRA

JOSE PARDO

A Consellería Infraestruturas de confirma que recibirá aos alcaldes para falar da AC-566, pero non precisa cando

05 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O trazado -unha sucesión de curvas, algunhas moi pechadas- e o estado do firme -con melloras en varios puntos, consideradas «parches» polos usuarios-, sumados ao intenso tráfico rexistrado, a diario e especialmente en períodos vacacionais, complican a circulación pola estrada AC-566, en especial entre Valdoviño e Cedeira. Ambos os concellos urxen á Xunta a tomar medidas para mellorar este viario, por razóns de seguridade -as saídas de vía son frecuentes en diversos tramos- e polo impacto económico, tanto para a potencial actividade do polígono industrial da Trave, en Cedeira, como para o sector turístico.

O alcalde cedeirense, Pablo Moreda, que trasladou este problema á conselleira de , InfraestruturasEthel Vázquez, nunha reunión mantida en novembro, apunta ademais aspectos sanitarios», dado que o estado da vía dificulta os traslados en ambulancia aos centros hospitalarios, polo tempo e as condicións da calzada. E menciona a repercusión para quen teñen que desprazarse a diario a Ferrol ou Narón por motivos de traballo ou estudo. «Daquela quedamos en que nos ían convocar para o mes de marzo, parécenos que desde novembro houbo tempo para citarnos. Prodúceme desilusión a actitude da Xunta contra esta comarca e contra Cedeira, que unha vez máis sofre a marxinación e o desinterese», reprocha o mandatario cedeirense. O seu homólogo de Valdoviño, o tamén socialista Alberto González, coincide «na necesidade importante de mellorar este viario» e lembra que en 2009 contratáronse os primeiros proxectos técnicos da obra de reforma integral da estrada Ferrol-Cedeira, e incide en que a prioridade é o tramo que vai de Valdoviño a Cedeira, «con bastante tráfico e perigoso».

As curvas da canteira, duns 250 metros, á altura do quilómetro 13,500, concentran o maior número de accidentes, seguidas das da Landeira (22 en 2,5 quilómetros). O risco agrávase os días de choiva. Moreda cifra en catro millóns de euros a actuación na Landeira. Desde a consellería confirmaron onte que Vázquez recibirá aos rexedores para tratar este asunto, sen precisar cando.