Inauguración da mostra do xeoparque, hoxe no Palacete

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

A exposición permanecerá aberta ata o 10 de abril

21 mares 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A exposición sobre o Xeoparque do Cabo Ortegal, montada polo xeólogo Francisco Canosa e custeada polos concellos, inaugúrase hoxe (12 horas) no Palacete de Cedeira, onde se poderá visitar ata o 10 de abril. Despois exhibirase no resto de concellos.