Concurso de fotografía da Asociación Camiño a San Andrés

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

O día 28 vence o prazo de inscrición no certame, que repartirá oito mil euros en premios

02 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Cultural e Recreativa Camiño a San Andrés de Teixido convoca o primeiro concurso de fotografía homónimo, que repartirá oito mil euros en premios (3.000 para a mellor imaxe, 2.000 para a segunda, 1.000 para a terceira e catro accésits de 500). Coas obras galardoadas e outras que seleccione o xurado editarase un catálogo, ademais de montar unha exposición itinerante por Galicia. Con este certame, dirixido a profesionais e afeccionados, o colectivo pretende «promover os camiños que levan a San Andrés de Teixido». Inscrición aberta ata o día 28 de febreiro na páxina web da asociación.