Dous cociñeiros reeditarán as Xornadas Gastronómicas a Catro Mans en Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

A casa de comidas A Trabe ofrece unha degustación de produtos da zona os días 29, 30 e 31 de maio

26 may 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

Os cociñeiros Jorge Tenreiro e Óscar Galandum reeditarán as Xornadas Gastronómicas a Catro Mans, os días 29, 30 e 31 de maio na casa de comidas A Trabe, en Piñeiro (Cedeira). Este encontro virará en torno «á cociña evolutiva de Ortegal e os seus produtos». Durante as tres xornadas, nos horarios da comida e a cea, proporán unha degustación de materia prima da zona, «elaborada e transformada por artesáns», con prezos que van desde os cinco euros. A carta de pratos a elixir inclúe crujiente pan de algas e lagostino en alioli verde; rigattoni recheo de mexillón e o seu consomé; milhoja de pataca, porco celta e sabayán de allo negro; arroz negro á prancha con chipirones da ría; carrillera de porco celta, regaliz e pera á pementa; crema de arroz con leite caramelizada a ferro e mango; e bolos de vento de yuka e doce de leite.

Os clientes tamén poderán degustar a carta habitual deste establecemento. Para participar nestas xornadas gastronómicas aconsellan reservar con antelación, chamando ao número de teléfono 981 482 830.