Luz verde ao aparcadoiro de Endesa As Pontes

La Voz AS PONTES

AS PONTES

ANGEL MANSO

Contará con 125 prazas para coches e sete para motos

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello das Pontes deu luz verde á licenza que permitirá construír un novo aparcadoiro nas instalacións que a compaña Endesa ten nas Pontes. As obras, adxudicadas ás empresas locais Fuso 29 e Intacta, suporán a modernización e mellora ambiental da Unidade de Produción Térmica pontesa. Así, Endesa ten previsto investir unha cantidade superior aos 200 millóns de euros para adaptar as súas instalacións á Directiva de Emisións Industriais e para acadar novos niveis de esixencia. A contorna actual pasará a estar ocupado por unha planta desulfuradora. O novo aparcadoiro contará con 125 prazas para coches e sete para motos.