Día da Danza nas Pontes e Odeón

B.A.

AS PONTES

angel manso

Conmemoración do 29 de abril

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá é o Día da Danza e a comarca xa o empezou a celebrar. Tras as actuacións que acolleu onte o campus de Esteiro, o centro comercial Odeón conmemora hoxe a efemérides con coreografías a cargo de Esquío, Allegro, Renbú Kan, Shakti Danza e a escola de Suso Pérez Lago a partir das 18.00 horas. Ademais, no Alovi das Pontes proxéctase Ballerina (18.00 horas) e un videoclip sobre o espectáculo Fosse da Escola Municipal de Danza (21.00).