O PP rexeita a petición do PSOE para mellorar a cobertura de Internet

a voz A Capela

A Capela

Os socialistas denuncian a existencia de zonas de sombra, con consecuencias para particulares e empresarios

26 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP rexeitou a iniciativa do grupo parlamentario socialista para que o Goberno galego demanda á empresa Telefónica Movistar «que dispoña os medios técnicos para que todos os veciños teñan a posibilidade de conectarse á Internet polo sistema terrestre, ou ben por satélite 3G cunha calidade aceptable». Esgrimen a existencia de zonas de sombra en Cabalar e Caaveiro, e mesmo en lugares da Capela, «limitando o acceso á rede de pequenos empresarios autónomos e á cidadanía en xeral».