Novas analíticas avalan a ausencia de contaminación nas praias de Caranza e A Cabana

La Voz FERROL

FERROL

JORGE SARMIENTO

Os areais non reabrirán ao baño este verán á espera de máis probas toda a tempada

15 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A terceira das analíticas quincenais realizada pola Xunta para comprobar a calidade das augas nas praias avala os bos resultados que está tendo o inicio da depuración das augas residuais no interior da ría. Tanto o areal de Caranza como o da Cabana, ambos os excluídos do censo oficial de zonas de baño tras cinco ano acumulando malos resultados por contaminación microbiológica, presentan valores moi baixos de E. Coli e Enterococo intestinal. Con todo, ningún dos dous poderá reabrir ao baño este verán, porque serán necesarias máis probas toda a tempada.