O «Adelaida» e o «Camberra», a piques de rematar a súa posta a punto

La Voz FERROL

FERROL

AWD

Os dous megabuques estarán integrados na súa actividade habitual a finais de ano

28 jun 2017 . Actualizado ás 12:09 h.

A Armada australiana informa o seu servizo de publicacións que os dous megabuques de Navantia, o Adelaida e o Camberra, están próximos a finalizar as súas respectivas postas a punto. Explican que se traballou de forma moi estreita co equipo orixinal que construíu os buques (BAE, Navantia e Siemens) para axustar procesos nos motores de propulsión.

Así, as previsións apuntaban a que onte mesmo o Adelaide estaría a piques de abandonar a mariña seca para realizar manobras que lle permitan estar plenamente operativo en breve. Mentres que o Camberra finalizou os procesos nos seus sistemas de propulsión e de urxencia o pasado mes de maio e volverá navegar mañá mesmo, motivo polo que a Armada dá por feito que participará no Talisman Sabre 2017.

A finais de ano

En calquera caso, fontes da Armada australiana creen os dous megabuques estarán integrados na súa actividade habitual a finais de ano, despois de que se liquidasen algúns problemas que puideron deberse un proceso alleo á construción no caso do Adelaida, de acordo coas inspeccións realizadas.