Tráfico fluído na AG-64 e O Caxado tras unha xornada de retencións polo xeo

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSÉ PARDO

Unha muller resultou ferida leve esta mañá nun sinistro rexistrado na autovía ao seu paso polas Pontes

05 feb 2015 . Actualizado ás 12:07 h.

O tráfico volveu a ser fluído esta mañá na autovía entre Ferrol e Vilalba, a AG-64, e na estrada do Caxado, entre As Pontes e Ortigueira, tras unha xornada na que se rexistraron retencións pola neve e o xeo depositado nas calzadas. A incidencia da mañá nesa zona foi un accidente no quilómetro 39 da AG-64, en dirección Lugo, no que unha muller de 54 anos e iniciais A.M.A.G, resultou ferida de carácter leve, segundo informan fontes sanitarias.

Onte, xa desde primeiras horas da mañá sucedéronse prolongadas retencións de tráfico na citada autovía por mor da acumulación de xeo na calzada. Tamén pola mañá se pechou a estrada AC-101, no Caxado debido á neve, aínda que á primeira hora da tarde volveuse a permitir a circulación. As restricións prolongáronse durante unhas dúas horas.

M. Meizoso

As retencións na autovía rexistráronse nos dous sentidos debido á presenza de xeo.  A circulación, no entanto, era lenta e un traxecto que habitualmente se percorre en media hora superou para moitos condutores a hora e media. Despois das dez da mañá algúns automobilistas puideron renovar a circulación, despois dalgún tempo parados, aínda que a velocidades moi lentas. Desde o alto de Igrexafeita podía verse unha longa caravana de camións detidos en dirección ás Pontes e Vilalba, xa que se prohibiu a ciculación de tráfico pesado e camións articulados.  

Algúns automobilistas que chamaron desde a propia estrada a Radio Voz indicaron que levaban retidos na zona máis próxima ás Pontes desde pouco despois das dez da mañá.

JOSÉ PARDO

Cortes de luz en Narón e Ferrol

Fenosa rexistrou unha avaría ás 11.53 horas. Afectou a zonas como a estrada de Castela, Aldea Forxas, Telleira e Aldea Igrexa. Fontes da compaña indicaron que os centros de transformación afectados corresponden a Eirexa, Naves Eiroa, Vicas, Fraga e Becerra, Revolta, Rúa Foro, Edificio Xuvia Mar, As Telleiras (Xuvia), Cornide e Piñeiros. En total 2.061 clientes sufriron as restricións. A subministración repúxose por tramos a partir dos 51 minutos, 52 e 54.

Tamén empresas do polígono da Gándara quedaron sen luz entre as 16.50 e as 17.50 horas.