A resurrección da Atari

Paulino Vilasoa Boo
Paulino Vilasoa REDACCIÓN / LA VOZ

EXTRAVOZ REDE

A compaña estadounidense, unha das pioneiras dos xogos arcade e dunha industria que agora é multimillonaria, anunciou o seu regreso ao «hardware» cunha nova videoconsola con deseño retro, a Ataribox.

25 jun 2017 . Actualizado ás 04:00 h.

A nostalxia vende . Así que non é raro que, a par da innovación e dos deseños máis futuristas, algunhas empresas tecnolóxicas teñan optado por subirse ao carro do retro. A última en facelo foi unha das pioneiras do arcade e da agora multimillonaria industria do videoxogo, Atari, que anunciou por sorpresa o lanzamento, 20 anos despois, dunha nova videoconsola.

Non parece que a outrora popular produtora de videoxogos estadounidense volva ao mundo do hardware coa intención de facerlles a competencia directa a grandes como Sony coa súa PlayStation ou a Microsoft coa súa Xbox. O seu exiguo persoal, duns 10 empregados, dificilmente permitiríalles facer un produto o suficientemente potente, nin á última en tecnoloxía como para marcar a diferenza.

Así que a súa estratexia pasa polo obxectivo contrario: darlle unha nova vida aos seus clásicos aproveitando a actual paixón polo retro.

O de Atari non é unha fórmula especialmente nova. En realidade, segue os pasos de Nintendo que, co seu NES Classic Edition, conseguiu hai menos dun ano un éxito inesperado por permitir xogar a xogos clásicos como os primeiros Super Mario Bros. ou The Legend of Zelda usando a televisión, un método imposible no momento no que se lanzaron ao mercado.

Cando o anuncio do novo produto de Atari, «despois de anos de produción», colgouse en YouTube, a maioría dos usuarios deduciron que se trataba dun elaborado fake ou dunha parodia de todos os vídeos promocionais de produtos tecnolóxicos que saen ao mercado ultimamente. Tiraron de clixés: sobre un fondo negro, a cámara céntrase soamente en detalles da consola, aparentemente calcada ao seu modelo máis lembrado e popular, a Atari 2600. Acabados en madeira, o seu recoñecible rejilla superior e, finalmente, o famoso logo da compaña.

Ninguén se fiaba ata que, nunha entrevista exclusiva no portal GamesBeat, o CEO de Atari, Fred Chesnais, anunciou o regreso da empresa ao hardware. O director executivo non deu explicacións nin avanzou ningún detalle sobre as especificaciones da Ataribox, como se chamará a nova consola. Pero deixou algo claro: «Volvemos ao negocio».