A auténtica guerra galáctica

Carlos Pereiro

EXTRAVOZ REDE

Electronic Arts fíxose de rogar, pero finalmente publicou a finais do ano pasado a edición Ultimate de Star Wars Battlefront, co xogo orixinal e o pase de tempada, que inclúe todos os DLC lanzados ata a data. ?

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O xeito de comprar videoxogos cambiou notablemente nos últimos anos, ou máis ben fíxoo a forma na que as compañas os poñen á venda. Os famosos DLC foron obxecto de crítica constante, aínda que se consideren xa un habitual na industria. Non é de estrañar que un bo sector do público agarde a que se lancen todos os contidos correspondentes dun título, para despois adquirilos na súa totalidade, xunto co xogo, baixo un mesmo paraugas de nome e prezo. Así é Star Wars Battlefront Ultimate Edition, a experiencia definitiva do laureado título de acción de Electronic Arts, para PC, PS4 e Xbox.

O usuario que teña tido a paciencia de agardar a esta edición (Star Wars Battlefront viu a luz o 17 de novembro do 2015) verá a súa paciencia recompensada, sen dúbida. En primeiro lugar, o seu peto haberao agradecido, e é que Ultimate pódese adquirir por menos de 40 euros. Unha rebaixa significativa na que se inclúen todos os contidos descargables lanzados ata a data. Iso inclúe as expansións Bespin, Bordo Exterior, Estrela da Morte e Rogue One Scarif, ademais de 30 mapas, 14 heroes e todas as armas.

Para o que xa posúa o xogo e haxa ir adquirindo os DLC correspondentes a medida que saían, Ultimate Edition non inclúe novidade algunha; polo que é un produto pensado para aqueles que decidan mergullarse de cheo agora. Os xogadores criticaron no seu día a pouca cantidade de contido inicial, e que, aínda que se ha ir axustando ata converterse nun xogo extenso e adecuado ao presente, pecou de ter tardado un ano en facelo.

Recentemente anunciouse Star Wars Battlefront II para o próximo novembro. A secuela tomará a testemuña dun título que deixa un gran sabor de boca, e ofrece horas e horas de diversión, cun multijugador funcional e un apartado gráfico brillante.