Zume de froitas a cámara lenta

SABE BEN

a

Os exprimidores de velocidade lenta manteñen mellor os nutrientes e vitaminas de froitas e verduras que os tradicionais. Esta innovadora tecnoloxía consegue reducir a xeración de espuma nos zumes e permite unha mellor conservación da súa cor natural e sabor.

09 may 2017 . Actualizado ás 11:21 h.

Batidos, smothies e sopas frías con todo tipo de froitas e verduras. É o abc da nova alimentación saudable e por iso na cociña non poden faltar aparellos para licuar alimentos. A última tecnoloxía son os exprimidores de velocidade lenta, que a diferenza dos tradicionais, que cortan e centrifugan as pezas de froita -o que causa danos nos nutrientes-, faino a menos revolucións, o que permite conservar ata un 86% das súas propiedades e encimas. A marca Princess é unha das que apostou por este tipo de dispositivos, cunha gama denominada Slow Juicer que está composta por tres modelos. Destacan por ser doados de desmontar e aptos para o lavalouzas. Así mesmo, son pouco ruidosos e libres de bisfenol A (BPA), un composto orgánico disfuncional presente en moitos plásticos e que se considera daniño para o corpo humano.

O primeiro da familia é o VitaPure 2041, un exprimidor multivitaminas que extrae gran cantidade de zume de froitas e verduras duras e brandas, preservando de xeito óptima as vitaminas. O recipiente dispón dunha capacidade para almacenar zume de 650 mililitros e un colector para pulpa de 900 mililitros. Pola súa banda, o Juice Center 2042 destaca pola súa alta extracción de mollo grazas aos seus dous motores: un para o exprimidor de cítricos e outra para a función de extracción lenta. O recipiente para zume ten unha capacidade de 0,4 litros e o colector para pulpa 0,5 litros. Ofrece un sistema con peche de seguridade e unha tapa protectora, á vez que dispón de función de retroceso. Está fabricado en aceiro inoxidable.

Finalmente, o modelo 2043 é un exprimidor de extracción lenta e alta obtención de mollo, tanto de froitas como de verduras duras e brandas. Todos os nutrientes son perfectamente conservados, como encimas, vitaminas e proteínas. Ten dous recipientes separados para recoller o zume e a pulpa, ambas cunha capacidade de ata 0,6 litros. Dispón de carcasa de aceiro inoxidable, base antiescorregadiza e sistema de antigoteo, así como función de retroceso.

Para sacar o máximo de zume de todo tipo de cítricos Princess ofrece o Champion Juicer, un aparello semiprofesional que dispón dunha panca de presión única. Equipado cun motor de 160 W de potencia, ten tamén sistema antigoteo.