Imaxe:

O Goberno catalán en pleno faise «responsable» de convocar e celebrar un referendo

Así figura no manifesto que uno a un asinaron hoxe no Palau da Generalitat os membros o Govern


Barcelona

O Govern en pleno comprometéronse este venres, nun acto solemne no Pati dels Tarongers do Palau da Generalitat, a «organizar, convocar e celebrar un referendo», do que se fai «responsable» colectivamente para que Cataluña poida exercer o «dereito inalienable» á autodeterminación.

Así figura no manifesto que uno a un asinan no Palau da Generalitat os membros o Govern, desde o seu presidente, Carles Puigdemont, ata o nivel de directores xerais, un texto sen validez xurídica aínda que con forte carga política, co que pretenden despexar dúbidas sobre a súa unidade e determinación a cumprir o seu compromiso de organizar un referendo sobre a independencia.

O manifesto, titulado «Compromiso do goberno de Cataluña co referendo», subliña que «todos e cada un» dos membros do Govern fanse «responsables desta tarefa» e comprométense a «levala a cabo e aplicar os resultados» que saian das urnas. 

Votación
2 votos
Etiquetas
Cataluña Carles Puigdemont Oriol Junqueras
Comentarios