Programación especial de V Televisións polas eleccións autonómicas

a voz REDACCIÓN

ELECCIÓNS 2016

Desde as 19.30 horas seguirase en directo o peche das votacións e o escrutinio

25 sep 2016 . Actualizado ás 12:23 h.

Co gallo das eleccións autonómicas, V Televisións realizará un programa especial, que será dirixido e presentado por Fernanda Tabarés. O espazo, que arrincará ás 19.30 horas, contará con conexións en directo desde as sedes dos principais partidos. Bibiana Villaverde informará as novidades que sucedan desde o Hotel Eurostars San Lázaro, centro neurálxico do PPdeG; mentres que, na sede do PSdeG estará Marta Carballo moi pendente do transcurso da xornada; e Marta Clavero, desde O Toural, trasladará as reaccións de En Marea. O Gran Hotel de Santiago será a sede de Cidadáns . Desde alí Paloma Ferro pedirá paso para trasladar toda a actualidade. Mila Méndez, pola súa banda, seguirá ao BNG desde a Nave de Vidán.

A análise da xornada realizarase en estudio con tertulianos habituais, como o profesor de Ciencias Políticas Xosé Luis Barreiro Rivas, o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, o xornalista Ernesto Sánchez Pombo, o doutor en Ciencias Políticas Laureano Araújo, a profesora da UDC e escritora Pilar García Negro, o catedrático de Dereito Constitucional Roberto Blanco Valdés, o profesor de Ciencias Políticas da USC Miguel Anxo Bastos, o profesor de Economía Aplicada da USC Gonzalo Rodríguez, a xornalista María Xosé Porteiro, o consultor estratéxico Fernando Sánchez Salinero, a psicóloga social da UDC Adina Dumitru, o xornalista Francisco Espiñeira, o avogado Pablo Arangüena e o psicanalista e psicólogo clínico Manuel Fernández Blanco .