Eleccións galegas: As pequenas excepcións a unha xornada sen incidencias

La Voz REDACCIÓN

ELECCIÓNS 2016

Erros co buzoneo de En Marea, un home que depositou dúas papeletas nunha urna en Cambados e  a baixa que tivo que afrontar o adestrador do Lemos

26 sep 2016 . Actualizado ás 01:12 h.

A xornada electoral en Galicia transcorre con total normalidade, pero como adoita ser habitual nuns comicios, sempre hai pequenas e illadas incidencias que case sempre quedan reducidas a anécdotas. Estas son algunhas das máis destacadas. 

Erros no buzoneo de En Marea 

O partido instrumental destinou unha parte moi considerable do seu orzamento para esta campaña a enviar ao electorado as papeletas, nunha práctica que se coñece como buzoneo, coa intención de que os seus votantes xa non teñan que seleccionar a papeleta dentro do colexio electoral. Con todo, a formación que presenta a Luís Villares como candidato á Xunta de Galicia, pediu á xente censada na Coruña que comprobe ben a papeleta que lles chegou a casa, xa que cabe a posibilidade de que por erro enviasen a correspondente a Pontevedra, polo que o voto podería ser declarado nulo. 

Un voto dobre en Cambados 

No colexio electoral de Vilariño (Cambados, Pontevedra), un dos electores depositou dous sobres na mesma urna. A presidencia da mesa detectou a fraude e de inmediato paralizou a votación para pórse en contacto coa Junta electoral, desde onde lle invitaron a que seguise adiante coas votacións. O señor asegurou que non se deu conta de que levaba dúas sobres. 

Publicidade electoral en Ourense 

Democracia Ourensá denunciou a exhibición de publicidade do Partido Popular nos cartafoles dos interventores e apoderados populares nos colexios electorais da provincia. A Junta Electoral acordou que «non se poderán exhibir anagramas de partido fóra da acreditación», polo que deberán tapar dos cartafoles o anagrama de Feijoo. 

Baixa inesperada no Lemos

O adestrador do Lemos tivo que sacar no equipo desta tarde ao seu porteiro suplente Santia por culpa de que Jesús Melendo, o home encargado habitualmente de defender a portería monfortina, exerce como presidente de mesa nun colexio de Monterroso. Finalmente non se debeu notar moito a súa baixa, xa que se impuxeron ao Arteixo na Pinguela por 3 goles a 1 nun partido correspondente á xornada cinco da Preferente norte.  

Votos antes da apertura en Verín

O PSOE de Verín denunciou á Junta Electoral que antes da apertura de o colexio da rúa Laureano Peláez tres dos seus catro mesas xa habían recolleito cinco papeletas. Non foi a única protesta relacionada con este centro. A formación socialista tamén interpuxo unha queixa pola existencia de cartelería do PP nos arredores.

Agullas de calcetar en Xinzo

Nun dos colexios de Xinzo, un apoderado do PP intentou, segundo a socialista Laura Seara, marcar ou sacar da urna unha das papeletas cunha «especie de agullas de calcetar». Ao parecer, o home xa votara por correo.

Outras pequenas incidencias

Na Coruña incomparecieron o titular e o suplente dunha mesa, co cal o procedemento establecido na normativa vixente é que as primeiras persoas que acudiron a votar incorporáronse a cargo de esa mesa. 

O colexio situado na Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido (Ferrol) abriu as súas portas cunha hora de atraso por culpa da falta de material. Só estaban as urnas, pero faltabana as papeletas e as cabinas, polo que a hora de peche tamén se atrasará unha hora respecto ao resto de colexios. É dicir, pechará ás 21.00 horas. Tamién en Canido, durante o reconto na mesa establecida no IES, os membros da Mesa abriron un sobre cun billete de cinco euros no seu interior e unha mensaxe contra a corrupción.

Unha das imaxes máis lamentables desta xornada electoral tomouse en Vilaúxe (Chantada). O estado dos baños do colexio electoral é lamentable, tal e como ha recollida a edición da edición de Lemos de La Voz este mesmo domingo.

Podes seguir o desenvolvemento do resto da xornada electoral en Galicia no directo de La Voz de Galicia.