Reúnen 6.000 firmas para evitar a eliminación da Filosofía

La Voz

EDUCACIÓN

Álvaro Ballesteros

A proposición conta xa co apoio de En Marea, PSdeG e BNG

22 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Un grupo de profesores de Filosofía de Vigo reuniu 6.000 firmas de apoio a unha iniciativa lexislativa popular que se debaterá en outubro no Parlamento de Galicia en contra da desaparición desta materia do sistema educativo.

A proposición conta xa co apoio de En Marea, PSdeG e BNG e os seus promotores confían en que o PPdeG «rectifique e apoie» tamén esta causa.

Desde a Aula Castelao de Filosofía denuncian a «regresión» experimentada polo ensino da filosofía como consecuencia das sucesivas reformas educativas.