O IES Campo de San Alberto de Noia estende o bilingüismo ao bacharelato

La Voz NOIA / LA VOZ

EDUCACIÓN

18 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o próximo curso académico, o instituto noiés Campo de San Alberto pasará a integrar o programa Pluribach da Consellería de Educación, polo cal o alumnado de bacharelato terá a posibilidade de cursar unha materia en lingua estranxeira, estendendo así o modelo que xa funciona no nivel de secundaria.

A materia que os estudantes recibirán noutro idioma deberá ser de carácter extracurricular, cunha carga horaria lectiva semanal de dúas ou tres horas, nunha lingua distinta ás incluídas no horario ordinario dos mozos.