Compra desde o teu teléfono, lévacha cando queiras

La Voz PUBLIRREPORTAJE

ECONOMÍA

O servizo Click&Collect permite realizar os pedidos de alimentación en calquera momento e recoller as bolsas xa listas durante o día

28 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Aquilo de partir o día por ir facer a compra hai tempo que ten remedio coas vendas por comercio electrónico. Pero... e se tampouco encaixa o horario co da repartición do supermercado? Click&Collect é a solución. Trátase dun servizo gratuíto que pretende facilitar aínda máis as cousas aos clientes. Como? Pois pasando a recoller o pedido cando máis lle conveña ao propio cliente. Listo e empaquetado para que llo leve.

O crecente uso de dispositivos móbiles como smartphones ou tablets fan que este tipo de servizo (rápido e de recollida no día) permita poder facer a compra en calquera momento e en calquera lugar. Así o comprador non ten que axustarse ás grellas de entrega que ofrecen os establecementos de alimentación que venden a través de Internet.

Flexibilidade, a clave

En mercados como o Reino Unido, Francia ou EE.UU, onde o comercio electrónico está xa máis maduro e implantado, os servizos de puntos de recollida para as compras en alimentación online están a incrementarse de xeito considerable. Cada días máis, Click&Collect cómelle terreo á entrega a domicilio. E é que a conveniencia e flexibilidade de poder recoller os alimentos adaptando a ruta diaria e o lugar de recollida segundo fixe o cliente funciona; no mercado británico, mesmo mellor que a repartición porta a porta. En EE.UU, a maioría das grandes superficies contan co servizo, con empresas nas que máis do 60 % dos seus pedidos que entran por Internet son de recollida en tenda.

Todo apunta a que nos próximos anos este tipo de distribución alimentaria seguirá gañando clientela e converterase nunha parte importante do modelo de venda. De feito, a empresa galega Vegalsa-Eroski xa implantou o sistema a través de Eroski Online. Os usuarios poden recoller a compra a partir das dúas horas de realizala. Desde o computador, tablet ou móbil grazas a unha potente App (dispoñible para Android e IOs). Custo cero para o cliente. E sen colas nin esperas dentro do supermercado. Xa dispoñen do servizo de recollida no día superficies de Vegalsa -Eroski da Coruña, Arteixo, Lugo, Vigo, Ourense, Ferrol, Betanzos, Santiago de Compostela, Teo, Noia, Ponteareas, Culleredo e A Bañeza.

Entre as vantaxes que abandeiran o servizo existe a opción de acceder ao histórico de pedidos, tanto en tenda online como en tenda física, dos últimos tres meses para que facer a compra a través da Rede leve menos de 15 minutos. E un servizo de atención ao cliente, exclusivo para o súper online, para atender calquera consulta e garantir que a preparación da compra realizaraa persoal especializado. Sempre con a mesma atención e ofertas que recibe o cliente tradicional.