Cen millóns para apoiar os proxectos viables de empresarios e autónomos

j. C. SANTIAGO / LA VOZ

ECONOMÍA

O presidente da Xunta calcula que esta edición permitirá apoiar a unhas 3.000 empresas no 2017

24 mares 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta aprobou un novo paquete de financiamento dentro do marco do programa Galicia 1000, que é a canle do Goberno autonómico para favorecer a creación de novas empresas e autónomos e o crecemento de pemes no ámbito da industria 4.0. A Consellería de Economía achegará este ano cen millóns de euros a través de diferentes fórmulas (préstamos, avais, capital risco, bonificacións...) «para que non quede sen desenrolar en Galicia ningún proxecto viable», anunciou Alberto Núñez Feijoo. O presidente da Xunta calcula que esta edición permitirá apoiar a unhas 3.000 empresas no 2017, tras apoiar máis de cinco mil iniciativas en anos anteriores, das que un 30 % eran de autónomos e un 54 % do sector industrial.

Por outra banda, o Executivo galego tamén deu conta na súa reunión semanal dunha iniciativa auspiciada polas fundacións Santa María a Real e Telefónica, que coordinan un programa para ensinar durante cinco meses a veciños de sete cidades galegas a buscar emprego.