O Keltoi , Campión da Liga Galega de Loita Olímpica de Base

P. V.

VILA DE CRUCES

cedida

Os equipos cruceños venceron tras os enfrontamentos a outros 8 equipos superando en 39 puntos aos de Melide e en 62 ao Lugo

18 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Keltoi de Vila de Cruces puxo onte unha explicación aos éxitos xa rutineiros dos seus loitadores sénior e júnior. Ten unha base de primeiro nivel. Onte a capita cruceña acolleu a Final da Liga Galega de Loita Olímpica de Base, que inclúe categorías prebenjamín, benxamín e alevín e o Keltoi gañou e fíxoo ademais con gran suficiencia ao sumar 133 puntos. Foi segundo o equipo Escola deportes de Combate Axude de Melide con 94 puntos, terceiro o Club de Loita de Lugo con 71 e xa ata o oitavo posto seguen na clasificación o San Ignacio de Vigo, o Cidade de Vigo, O Castro de Vigo, Atila de Ourense e Kuzushi de Vigo.

Os mozos loitadores cruceños que obtiveron o excelente resultado teñen idades entre 6 e 12 anos. Participaron 18 nenos e nenas do Keltoi, que son de Cruces, de Lalín de Laro e de Silleda, e que nas súas categorías e pesos enfrontáronse aos demais rivais puntuando tres, dous e un punto segundo sexa vitoria, empate ou partido perdido. Súmanse todos ao final porque non hai distincións individuais.

O éxito logrado polos nenos que adestra Rubén Méndez supón escalar ao primeiro posto galego tras ter como mellor clasificación o 3º do ano pasado.

Cinco equipos para a historia

Para a historia e para ir situándoos en futuros podios, os cruceños gañadores foron en Prebenjamín masculino: 20 kg. Cibrán Lalín Veiga, 23 kg. Mikel Castro Carral e Nicolás Méndez López, 26 kg. Hugo López Sobrado, 29 kg. Guillermo López Sobrado, 32 kg. Xoel Santiso Penas, 35 kg. Manuel Taboada Mejuto e 39 kg. Gabriel Dumbrava Ciobotaru.

En prebenjamín Feminino: 18 kg. India García Lorenzo, 20 kg. Thais Rey Alonso, 23 kg. Nerea Míguez Santos e 26 kg. África García Lorenzo.

En benxamín masculino: 33 kg. Manuel Santiso Penas e 53 kg. Gabriel Castro Carral. En benxamín feminino: 51 kg. Lucía Fernández Espada. En alevín masculino: 55 kg. Álex Silva Lage e 66 kg. Nicolás Verde Salgado.