A Axencia Espacial Escolar Galega lanzará o día 5 outra cápsula á estratosfera

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

No proxecto participa o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Axencia Espacial Escolar Galega, Nosa, prepara xa o seu segundo lanzamento dunha cápsula á estratosfera. Será o día 5 de maio para recoller datos científicos e filmar imaxes do espazo. No anterior acadáronse os 25.000 metros de altura nesta ocasión confíase chegar aos 35.000.

Neste proxecto científico-tecnolóxico participan tres institutos de Secundaria e Bacharelato galegos, entre eles o Marco do Camballón de Vila de Cruces, xunto ao Maruxa Mallo de Ordes e Miraflores de Oleiros. No centro ordense comezou a iniciativa o pasado ano con Maruma Sat, para darlle despois continuidade cos outros dous institutos. O cruceño encárgase da área científica do proxecto, que o día 5 buscas reunir novos datos e imaxes.