Cruces ten A Carixa a lume de biqueira e as piscinas abren esta fin de semana

P. V. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

En Silleda e A Bandeira a apertura será o primeiro de xullo

20 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A onda de calor colleu en estado de revista a área recreativa cruceña da Carixa, en Merza, e os veciños e persoas chegadas desde a comarca masificaron o enclave podendo utilizar, ademais do río e as zonas de lecer e restauración, as piscinas cuxos vasos o Concello xa enchera o venres.

A área, aínda que augas arriba, conta estes días tamén cun elemento de atracción inesperado, o Arco dá Carixa, en estado ruinoso polo buraco que ameaza de derrumbe a estrutura. O especio afectado esta sinalizado como zona de non accesible e de perigo pero é reclamo para moitos observar o buraco na ponte. Neste asunto o Concello agarda recibir os informes sectoriais para a intervención que ten encarrilada economicamente.

Piscinas

En canto ás piscinas municipais na capital cruceña, tamén é Cruces adiantado na súa apertura respecto doutros municipios. Abrirán os dous vasos o día 24, ata o 10 de setembro, todos os días de 16 a 20.30 horas. «

Sempre abrimos o día seguinte a que os nenos acaban o colexio e xa fixemos as solicitudes pertinentes hai un mes

», di Diego Pallares, concelleiro de deportes cruceño.

En Silleda e A Bandeira a apertura será o primeiro de xullo

O Concello de Silleda mantén as datas habituais de apertura de piscinas en Silleda e A Bandeira, o 1 de xullo ata entrado setembro. Onte concluíron as probas para a contratación de tres socorristas que atenderán as instalacións desde o 1 de xullo (con contrato ata o 30 de setembro) no marco do programa de Cooperación 2017, segundo establece a convocatoria.

Tamén están a se concluír os traballos de reforma do vaso da piscina de Silleda para mellorar o servizo e as piscinas estarán litas o primeiro de xullo.

O custo mantense este ano. Será 1 euro, que se abona nas instalacións onde se impartirán cursos de natación con inscrición o día de apertura..

Nos próximos días ponse á venda abonos de tempada con prezos de 20 euros para resentes e de 16 para nenos ata 16 anos (35 e 25 para non residentes). Os empadroados en Silleda poderán adquirir bonos familiares por 20 euros, dous cónxuxes, e se inclúen un fillo pagará 16, e 8 se son dous e gratis se son máis.