Silleda suma unha vintena de actividades culturais en maio

ou. p.

SILLEDA

Arrincará o 7 de maio, ás 12 horas, na Bandeira cunha obra de Caramuxo Teatro

23 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A programación cultural de Silleda contará cunha vintena de actividades en maio, organizadas polo Concello e diversos colectivos. O domingo 7 de maio, ás 12 horas, na Bandeira Caramuxo Teatro escenifica Feo!, e en Carboeiro ás 17 horas haberá concerto de saxos. O domingo 14 na Casa dá Xuventude de Silleda o grupo Escenario Público mostra Baixo a lúa do deserto. O 17 de maio, Festival de Música Tradicional de Silleda no auditorio de Semana Verde; e o 21, audición de alumnos da Escola de Música. O día 20, Voces de Carboeiro organizado por Vales Mahía; e o 27, Tardes de Primavera, da Polifónica Trasdeza no salón parroquial. Haberá citas co baile tradicional os días 13 e 28 na Bandeira, e festivais de Máisquedanza, entre outras actividades culturais.