Cambios para o novo curso no Pérez Viondi e os coles de Rodeiro e Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

miguel souto

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Educación publicou no DOG de onte a orde pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes nos centros públicos de cara ao novo curso escolar. Entre os afectados atópase o Pérez Viondi da Estrada e os colexios de Rodeiro e Agolada.

En Rodeiro suprímense dous profesores de Infantil que pasará de catro a dous, ao pasar de tres a dúas unidades, o que suporá unir nunha clase aos nenos de tres e catro anos. Teñen 32 alumnos de Infantil. Tamén se suprime a praza de profesora de Pedagoxía Terapéutica. Tiñan unha en Primaria e outra en Secundaria e suprímese a de Primaria. No Pérez Viondi contaban a supresión dunha profesora de Música pero os datos que saíron onte non lles cadraban porque lles daba, por exemplo, 9 unidades de Infantil e non 8 que son téñenas e un profesor de Educación Física cando deberían ter dúas e dúas de Música no canto dunha co recorte que agardaban. En Agolada fíxanse dúas unidades de Infantil, cinco de Primaria, dous profesores de Infantil, cinco de Primaria e doce docentes en total incluídos, un de inglés, un de música e un de Educación Física.