López analizou coa Xunta vías de cofinanciación do edificio asistencial

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

Mantivo contactos con representantes autonómicos para este proxecto en Rodeiro

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Rodeiro, Luis López, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, e o xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, para analizar posibles vías de colaboración coa Xunta no financiamento do edificio polivalente de uso asistencial. Falouse da posible firma dun convenio de colaboración con diferentes departamentos da Xunta como pode ser a Consellería de Política Social a través do consorcio. López comprometeuse a achegar máis información sobre os datos económicos.