Emecla organiza unha excursión a Oviedo

La Voz

RODEIRO

Será o día 30, e forma parte dun amplo programa de actividades deseñado para este ano

12 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Rodeiro

Visita cultural a Oviedo organizada por Emecla

A agrupación Emecla de Rodeiro organiza para o día 30 unha visita cultural a Oviedo. A saída está prevista para as 8.00 horas desde A Latiza regresando ás 21.30 horas. Os viaxeiros aproveitarán para visitar a cidade e farán unha parada en Mondoñedo e nalgún outro lugar de interese ao longo do percorrido. A asociación deseñou xa as actividades para este ano que inclúen comidas como o cocido, a sardiñada e magosto, rutas de sendeirismo polo monte Lobeira, as illas Cíes e Mugardos, unha visita cultural ao Barco de Valdeorras, unha excursión máis, neste caso a Coimbra turismo termal ás Termas de Outariz e circuítos termais en Merza e en Pambre. Iniciativas ás que sumarán un curso de informática, a participación activa en actos promocionais do Camiño de Inverno e o percorrido polo Camiño Primitivo desde Lugo a Santiago.

Vila de Cruces

Curso e aniversario da Banda de Ponteledesma

A formación celebra o 7 de xullo se 30 aniversarios e contará ese día co bombardino solista británico Steven Mead que impartirá un curso.