Cogal cedeu a Rodeiro leiras para unha conexión de servizo de acceso ao seu polígono

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

O Concello está tramitando a urbanización do plam

11 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Rodeiro aceptou en xunta de goberno a cesión por parte de Cogal duns terreos da súa propiedade e destinados á conexión coa PO-533 e as redes de servizo do polígono que promove a empresa. Na actualidade o proxecto de urbanización atópase en fase de tramitación.

Con esta cesión, Cogal corrixe un erro, xa que unha vez iniciado os técnicos do Concello advertiron que parte dos terreos necesarios para realizar tanto a conexión viaria como as redes de servizos previstas eran de titularidade privada. Cogal cedeu os que xa eran seus, que son 47 metros de leira de matogueira para o viario e unha parcela de 20,23 metros cadrados e outra de 258,39 metros cadrados para o sistema de saneamento e evacuación de augas pluviais, en Álceme. Pero quedan outros privados pendentes para ambas as actuacións, que poderían ser expropiados.