Fotografías de Sandra Mato en Lalín

La Voz

LALÍN

A exposición, inaugurada onte, pódese ver no Círculo de Recreo

16 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Círculo de Recreo de Lalín acolleu onte a inauguración dunha exposición de fotografías de Sandra Mato. O acto contou tamén de forma paralela coas actuacións de Xeila González, María Jácome, Celso Fernández Sanmartín e Diego Rodríguez, coa música ou a narración oral como protagonistas. Tras as actuacións sorteáronse dúas sesións de fotos entre os asistentes á mostra desta autora para quen as instantáneas son «primeiro de nada, un xeito de mirar. Non é a mirada mesma». foto miguel souto