Uns 300 inmigrantes piden emprego na AED

LALÍN

Non dispoñible

Foi fai quince anos

14 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Foi fai quince anos e por aquel entón, a Asociación de Empresarios de Deza daba a coñecer os datos da súa bolsa de emprego. A patronal dezana cifraba nuns 300, os inmigrantes e emigrantes retornados que pedían emprego na AED. Nesa época, o número de persoas procedentes doutros países estaba a sufrir un importante crecemento. A lista, só en Lalín, integrábana unhas 400 persoas, triplicando os datos que se contabilizaban un ano antes. Logo viría a crise.