O pleno de Lalín, en contra do parque eólico do Candán

La Voz

LALÍN

Ramón Leiro

Foi un día como hoxe, hai 17 anos

17 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 17 anos nestas páxinas contabamos a pronuncia unánime da corporación de Lalín contra o parque eólico do Candán. Aprobábase desta forma unha moción presentada polo entón edil de Medio Ambiente e hoxe conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez. Lembrábase a inclusión por parte da Xunta dos montes de Zobra e Serra do Candán na Rede Natura 2000 e a súa importancia ecolóxica. O proxecto, de Gamesa, incluía 75 aeroxeradores no monte Coco.