Café Quijano, Mikel Herzog e María do Monte na Gala

La Voz

LALÍN

R. Leiro

Anunciábanse como actuacións da Gala do Cocido no ano 2000

17 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

No ano 2000 a Gala do Cocido celebrouse o 24 de febreiro, pero uns días antes, o 17, eran noticia os artistas que estaba previsto que actuasen nela. Nese momento, o programa aínda non estaba pechado, e anunciábanse as de Café Quijano, Mikel Herzog, María do Monte e Carmen Russo. A gala foi presentada por Paula Vázquez e Liborio García, ex redactor de Radio Voz en Lalín. A eles sumaríanse grupos locais como A Carballeira de Cercio. A capacidade da gala, no pavillón, era de dous miles presentas.