O Stuttgart saboreou o cocido de Lalín na cidade alemá

La Voz

LALÍN

X. V.

Foi hai 16 anos e ao fío dun partido

15 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Foi fai dezaseis anos un día como hoxe. O entón concelleiro de Cultura de Lalín, Román Rodríguez, exerceu de embaixador en Alemaña e levou ata Stuttgart todos os ingredientes necesarios para elaborar este prato. Os que puideron saborealo foron representantes do club alemán, do Celta e medios de comunicación de Vigo. Foi no hotel onde se hospedaba o club olívico que se medía este día cos teutóns nos oitavos de final da UEFA. O prato regouse con viño Ribeira Sacra.