Fiado e tecido do liño no Museo Casa do Patrón

La Voz

LALÍN

Será hoxe desde as 16.00 horas

17 oct 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

O Museo Casa do Patrón de Doade (Lalín) celebra esta tarde unha nova demostración do fiado e tecido do liño, permitindo así aos visitantes observar a práctica destes labores tradicionais, que se foron perdendo, en directo. Será a partir das 16.00 horas. A xornada comezará coa preparación do liño na espadela, con demostracións de espadelado nas que se utilizarán pezas que alberga o propio museo. Despois levará a cabo a separación do liño bo da estopa, para continuar co fiado coa roca e co fuso. As hilanderas explicarán aos asistente o proceso e permitiranlles participar nestes labores. Para rematar levará a cano o tecido no tear, de forma tradicional. As demostracións son gratuítas e a xornada estará amenizada por un grupo de cantareiras e pandereteiras.