Emenda para incluír as beirarrúas de Soutelo nos orzamentos

La Voz

FORCAREI

O PSOE de Forcarei anunciou a súa presentación

11 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo municipal socialista de Forcarei anunciou que este ano, por cuarta vez, o PSOE presentará unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado reclamando dotación de fondos do Ministerio de Fomento para a construción das beirarrúas de Soutelo de Montes. O PSOE lembra que a ministra de Fomento na anterior lexislatura, Ana Pastor, prometera un convenio para acometelas no 2016 que nunca chegou.