As bandas de Cerdedo e Candeán no festival do próximo 7 de maio

La Voz

CERDEDO

Terá lugar a partir das 18.30 horas

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O segundo festival de bandas de música de Cerdedo, que se desenvolverá o domingo 7 de maio a partir das 18.30 horas no auditorio do centro cultural da localidade, contará coas actuacións das bandas de Cerdedo e Candeán. O evento, con entrada gratuíta, pon en marcha a programación cultural dedicada este mes ás letras galegas. O alcalde, Jorge Cubela, destacou o gran esforzo e traballo da escola de música de Cerdedo.