Primagás solicitou permiso para a distribución de gas en Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

Outras empresas interesadas teñen agora prazo para presentar solicitudes en concorrencia

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa Primagás Enerxía Distribución solicitou á Xunta autorización administrativa para a distribución de gas natural no municipio de Agolada. A petición foi cursada o 26 de marzo e onte a Consellería de Economía publicou no DOG un anuncio polo que abre un lazo de 30 días a contar desde hoxe ‘para que outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia coa de Primagás e ao mesmo tempo, dáse tamén o mesmo prazo á firma Primagás para que poida completar, se o considera oportuno a súa solicitude. O trámite de concorrencia, explícase no anuncio da Xunta, resolverase a favor da empresa concorrente cuxo proxecto obteña maior puntuación.