O posto do Estradense tamén depende do recurso do Portonovo

P. V.

AGOLADA

O Comité concedeu onte dous días ao Ourense para que presente alegacións

27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A clasificación en Preferente Sur está co Cultural Areas primeiro con 70 puntos, Arenteiro segundo con 63, Ourense terceiro con 62 e Estradense cuarto con 60 puntos. Pero iso é ao peche da pasada xornada.

Todo pode cambiar porque varios puntos se discuten nos despachos. Por unha banda está o recurso do Estradense que ten dous puntos que os estradenses agardan que lle recoñeza o Comité da súa denuncia de aliñación indebida fronte ao Sanxenxo.

Pero na última xornada tras o empate do Estradense e a vitoria 0-4 do Ourense en Portonovo, os estradense caeron ao cuarto posto superados polo Ourense. Aí volve aos despachos a clasificación. O Portonovo presentou reclamación ante o Comité por aliñación indebida por considerar sancionado por acumulación de cartóns a Pablo Piñeiro e tres puntos están agora mesmo no aleiro.

De momento o Comité recibiu a reclamación e activou xa na súa reunión da tarde de onte que o Ourense presente alegacións para o que lle dá dous días

Con fallos favorables do Comité o Estradense beneficiaríase en 5 puntos, subiría dous do seu recurso, e atrasaría tres (en total 5) ao Ourense. Nesa situación os estradenses quedarían a un punto do Arenteiro e deixarían ao Ourense a tres. En caso negativo total, seguirían na batalla como actualmente. Pero son cábalas que debe despexar o Comité aínda que se é real a incerteza da actual clasificación xeral.

Javi Touriño, un partido

O Comité suspendeu onte cun partido ao delegado do Estradense Jesús Lago e con outro ao adestrador Javi Touriño, este por acumulación de amoestacións.

Catro partidos a Robinson

En Primeira, un partido a Miguel do Silleda e a Vidal do Piloño. Destacan os 4 partidos impostos a Robinson do Berres por agresión con xogo detido. Un partido cayo a Rafael Pereiras e Alberto Domínguez do Bandeira e a Pablo do Cogal-Agolada