O día 2 selecciónanse oito operarios para a realizaciónde labores de bacheo
27 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.O Concello de Agolada levará a cabo o día 2 a selección de oito persoas que contratará por un período de oito meses con cargo ao Plan de Concellos da Deputación. O alcalde, Ramiro Varela, explica que estaba previsto que puidese finalizar o proceso antes de fin de mes pero non foi posible. As previsións do goberno local son que os operarios, que se destinarán á realización de labores de bacheo en pistas, poidan asinar o contrato ao día seguinte e empezar a traballar.
Para os traballos de bacheo, explica o rexedor, empregarase o material adquirido xa o pasado ano no que o Concello destinou unha partida co fin de aprovisionarse de material para estes labores durante dous anos.
Dentro das contratacións pendentes atopar dúas prazas para persoas con discapacidade. Serán dous contratos polos meses de xullo e agosto e os contratados serán destinados a labores de conserjería. A estes contratos sumaranse os de tres operarios durante seis meses deixando algunhas prazas máis pendentes para cubrir catro meses, de xuño a setembro.